O Concello de Culleredo dá un paso máis na modernización da antiga Nacional 550, unha vez obtivo a súa cesión por parte do Estado, para convertela en avenida urbana. Ás obras que se están acometendo actualmente en Vilaboa, súmase a renovación da vía ao seu paso pola Corveira, que se adxudicou por un total de 233.317 euros.
O tramo da actuación comprenderá entre o cruce da N-550 coa rúa Alcalde Electo Carballo, no Portádego, e a avenida de Vilaboa. É dicir, entre os puntos quilométricos 4,150 e 4,709.
Por unha banda, nas actuais superficies cebreadas que exercen de separación de carrís executaranse novas medianas verdes, logrando unha separación do tráfico, ademais do embelecemento xeral. As grandes contarán con árbores e as máis pequenas, con arbustos perennes. Contarán con rede de rego para o seu mantemento e conservación.
Doutra banda, rehabilitarase o firme xa que se detectaron tramos deteriorados, e renovará a sinalización horizontal e vertical da avenida. Tamén se variará a rede de sumidoiros no cruzamento coa rúa Xesús Rey Martínez. E prevese o recrecido de pozos e arquetas en todo o ámbito de actuación.
O plan de colocación de novas árbores do Concello está a levarse a cabo nas estradas principais, que atravesan os núcleos máis poboados: a Nacional 550, polo Portádego, A Corveira e Vilaboa, e tamén a AC-211 en Acea de Ama e O Burgo.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER