A Clinica de Veterinaria Haciadama consegue o primeiro premio no III Concurso de Escaparatismo de Nadal Concello de Culleredo

O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, e o edil de Comercio, Mario Iglesias, fixeron entrega esta mañá dos tres premios que acreditan aos mellores escaparates no III Concurso de Escaparatismo de Nadal Concello de Culleredo, no que non só resultaron premiadas as mellores composicións, senón tamén os veciños e veciñas, cun sorteo final de 20 premios valorados en 50 euros cada un, que deberán ser gastados nalgún dos comercios adheridos á campaña.

Así, a Clínica Veterinaria Haciadama alzouse co primeiro posto tras sumar as valoracións populares e a do xurado profesional, cun 7,75 sobre 10. DecoKasa seguiulle, cunha nota total de 7,27 e en terceiro lugar, Centro de Día Mimos cun 7,22.


Premios

O primeiro premio será a montaxe de tres escaparates durante todo o ano 2023, por un profesional do sector do escaparatismo de recoñecido prestixio. O segundo premio consistirá na montaxe de dous escaparates e o terceiro premio, dun escaparate feito por un profesional do sector do escaparatismo de recoñecido prestixio. Cada decoración de escaparate está valorada en 330 euros e ten que permanecer exposta un mínimo de 30 días. 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina