Os escolares de 5º de Educación Primaria de Culleredo traballarán por primeira vez a ecopercusión con talleres prácticos de dúas horas de duración. Nesta actividade, o alumnado aprenderá a facer unha ‘batukada’ a partir de materiais de refugallo, como botellas ou botes de pintura.
Será impartido por profesores de `Ecopercussión`, un colectivo especializado e organizado para servir como punto de apoio no ensino de todos os niveis, contribuíndo ao desenvolvemento da música instrumental, vogal e a expresión corporal.
Dará comezo o 1 de marzo para os alumnos e alumnas do CEIP Plurilingüe de Tarrío e CEIP Sofía Casanova, centro que participará tamén o 2 de marzo xunto ao CEIP Isaac Díaz Pardo, CEIP Plurilingüe Ría do Burgo e o CEIP Vila de Rutis. O 3 de marzo, tamén haberá actividade para o CPR A Ponte Pasaxe e CEIP Plurilingüe Ría do Burgo.