Culleredo inaugura un novo programa de ‘Perros y letras’ nos centros públicos do municipio

Concello de Culleredo, a través da concellería de Educación, retoma o programa “Perros y letras” de READ España, que esta vez terá lugar durante febreiro e marzo nos centros públicos CEIP Plurilingüe de Tarrío, CEIP Vila de Rutis e CEIP Plurilingüe Ría do Burgo.

Esta mañá, unha das terapeutas ocupacionais encargadas de executar o programa, Bárbara Bonachía, visitou aos alumnos e alumnas do CEIP Plurilingüe Ría do Burgo con Dana, unha bóxer de seis anos con máis de tres experiencia neste tipo de terapia.

Desde que se implementase en 2020, en pleno estado de alarma e onde as sesións eran telemáticas, é o terceiro ano consecutivo que se leva a cabo. As protagonistas son, novamente, Dana e Nora, unha bóxer e unha labrador que, xunto a Laura González, coordinadora do programa en Galicia, e Bárbara Bonachía, profesional do equipo na provincia da Coruña, axudan ás pequenas e pequenos a estimular as habilidades lectoras, especificamente con aqueles e aquelas que presentan algún déficit na dicción e a comprensión ao ler, cos consecuentes problemas de autoestima.

Elíxense para isto cans de terapia porque son moi tranquilos, capaces de estar todo o tempo deitados e pendentes dos pequenos. Todos os animais deste programa pasan un exame cada dous anos para comprobar que a súa tolerancia ao estrés sexa alta e poder así continuar coa súa actividade. Tamén se valora positivamente o vínculo que o une ao seu guía.

Cada un dos nenos e nenas que participan en “Perros y letras” teñen dificultades en distintos aspectos. Normalmente son seleccionados polo departamento de Orientación de cada centro, e poden presentar dificultades tanto a nivel social, de lectura, ou de comprensión, como sinalabamos anteriormente. No futuro tamén se tratarán os problemas do TDAH e do autismo.

Tras dous anos desenvolvendo o programa en Culleredo, comprobouse que os nenos e nenas que participan no mesmo melloran sobre todo en lecto-escritura, a nivel de comprensión lectora, aumentan o vocabulario, a súa rapidez lendo e tamén incrementa a súa autoestima.

As concelleiras Cristina Pardo e Jéssica Méndez, que acudiron á presentación, sinalaron que a gran noticia “non é en si o programa, que tamén, senón o que repitamos, xa que significa que ten un éxito maiúsculo entre a nosa comunidade educativa”, sinalaron as edilas, que quixeron agradecer tanto ás direccións do centro “a súa implicación”, como a Laura e Bárbara, “excepcionais no trato directo con pequenos e maiores”, ademais de “unhas profesionais idóneas para esta tarefa”, finalizaron.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina