O Concello perimetra varias coníferas ante a presenza de niños de procesionaria

O Concello de Culleredo, ante a presenza de varios niños de procesionaria no Paseo Marítimo, concretamente na contorna da Cros, decidiu perimetrar varias coníferas para así impedir o paso a humanos e animais, imposibilitando con esta medida calquera prexuízo que lles poida causar.

Algúns exemplares caeron xa ao chan, co conseguinte perigo que isto entraña, polo que se decidiu valar a contorna dos piñeiros e protexer así á poboación. Agora, desde Medio Ambiente analizaranse os pasos para seguir para poder anular estes emprazamentos do insecto e eliminar así o perigo.

A solución máis factible, polo momento, é a colocación dos típicos “colares trampa”, como se fixo no pasado nalgúns exemplares do Xardín Botánico, para erradicalos sen que supoña perigo para o axente aéreo, o chan ou as persoas e animais. Inxectar substancias na savia ou utilizar feromonas son outras fórmulas que se barallan para combater á procesionaria. 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina