A arbitraxe empeza a ter canteira en Culleredo. O Concello e o Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol comezaron hoxe o proxecto pioneiro para promover esta vertente do deporte entre os mozos do municipio.
O IES Blanco Amor foi o escenario do inicio das sesións de formación en arbitraxe. Unha trintena de alumnos e alumnas animáronse a participar. Rubén Eiriz, delegado do Comité de Árbitros na Coruña, acudiu ao centro para impartir os primeiros conceptos de sinalización e posicionamento dos árbitros durante os partidos.
O colexiado amosou a un atento alumnado o vestiario arbitral, con camisetas de diferentes cores, e o material que empregan, como os chifres, banderines dos asistentes, tarxetas, ou o cartón para anotacións. Cada participante no proxecto recibirá a súa propia camiseta, tarxeta amarela e tarxeta vermella.
Esta Escola de Arbitraxe, de mans do Comité Técnico, inclúe a arbitraxe dos mozos na propia liga escolar. Esta iniciativa non se realizou nunca en España. Con esta proposta búscase enganchar aos rapaces, que verán a súa labor reflectida en partidos cos seus propios compañeiros.
A próxima semana continuará a formación, na que participará Eugenia Gil Soriano, árbitra da liga Feminina. Eiriz avanzou que durante o proxecto tamén impartirán sesións outros xuíces profesionais, algúns con experiencia internacional.
O goberno municipal sinala que a arbitraxe é “esencial no deporte e na promoción da súa labor social”. O Concello agradece a implicación da dirección e profesorado do Blanco Amor para levar a cabo a actividade, aberta a outros centros.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER