Voluntarios de Protección Civil de Culleredo imparten un curso de primeiros auxilios ao profesorado da Galiña Azul de O Burgo

  • Celebrouse esta tarde, de 17.00 a 19.00 horas, e asistiron unha ducia de profesores.
Os voluntarios de Protección Civil de Culleredo impartiron esta tarde un curso de primeiros auxilios ao profesorado da Galiña Azul de O Burgo. Celebrouse nun dos salóns do centro, de 17:00 a 19:00 horas. Á sesión asistiron unha ducia de profesores e profesores.
 
Nela expuxéronse coñecementos básicos para coñecer máis a fondo a técnica de RCP (Reanimación Cardio-Pulmonar), a manobra de Heimlich e, en xeral, como resolver as situacións máis habituais que o profesorado pode atopar co alumnado. Por último, tamén se lles explicou como colocar unha liña, en caso de extrema emerxencia.

 

Dende o goberno local agradecen “o traballo que realizan a diario os voluntarios de Protección Civil. A formación en primeiros auxilios ten especial relevancia nos centros educativos, tanto para o profesorado como para os nenos e nenas, aos que xa formaron nas últimas semanas”. Asistiu o concelleiro de Protección Civil, Abraham Seijas.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina