Culleredo destinará 160.000 euros para renovar a rúa Irmáns Suárez Ferrín

O Concello de Culleredo propón adicar un investimento de 160.000 euros á renovación da rúa Irmáns Suárez Ferrín, na Corveira. Trátase dunha vía residencial que comunica a avenida de Cordeda coa rotonda de Amparo López Jean, cun elevado tránsito.

O proxecto ten como principal obxectivo o incremento da seguridade viaria nesta rúa, de 390 metros de lonxitude. Actualmente presenta zonas deterioradas polo paso do tempo e detectouse a necesidade de mellorar a accesibilidade.

A intervención suporá, por unha banda, a renovación da pavimentación e das beirarrúas, que serán ampliadas xunto aos pasos de peóns. Desa forma lograrase unha maior visibilidade e protección dos viandantes.

En canto a accesibilidade, instalarase unha nova varanda na zona con máis pendente. A actuación inclúe tamén a dotación de iluminación con tecnoloxía LED, favorecendo a eficiencia e o incremento da luminosidade.

Tamén se renovará a sinalización horizontal e vertical e colocaranse novas papeleiras na zona.

O goberno local inclúe esta actuación no Plan de Obras que financia a Deputación da Coruña. Será elevado ao pleno extraordinario que se celebrará este venres. O orzamento é de 160.940,91 euros.
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina