Vive o Entroido 2023 en Culleredo!

O Concello de Culleredo ofrece un variado programa de Entroido nesta edición de 2023. A programación inclúe iniciativas para todas as franxas de idade.

Entroido de Maiores

O programa comezará coas persoas maiores, que gozarán da súa Festa de Entroido o venres 17, en horario de 17.00 a 21.00 horas, en O Noso Lar. A actividade contará con baile e degustación de doces de Entroido.

Entroido Infantil

Para os máis pequenos, o Concello organiza unha celebración infantil o sábado 18 de febreiro. Será na explanada do Paseo Marítimo do Burgo coa presenza de "Circo Miúdo" e o Disco Móbil "Music Scaffold". A partir das 17:30 horas, as familias poderán gozar desta actividade, na que haberá música, animación, obradoiros infantís, flocos de millo, algodón de azucre e chocolate con churros para todas e todos. Desde o Concello animan ás veciñas e veciños a acudir disfrazados para gozar desta celebración.

Entroido de Veiga

A Romaría de San Blas, en Veiga, chega o luns 20, coa programación habitual e a actuación, pola a mañá e pola tarde, da orquestra Os Satélites. Ás 12:30 horas está prevista a misa, e a súa posterior procesión, para dar paso á sesión vermú a partir das 13:15 horas.

Haberá, neste momento, desfile de comparsas, premios aos mellores choqueiros e a lectura do tradicional Testamento. Ás 15:15 horas celebrarase o gran xantar popular, con polbo, carne ao caldeiro, sobremesa e café. O prezo para adultos será de 35 euros; de 15 euros para nenas e nenos de 8 a 12 anos e de 5 euros para as pequenas e pequenos de 4 a 7 anos.

Entroido Pequeno

Culleredo celebrará o seu Entroido Pequeno o día 24 de febreiro, venres, con animación na zona comercial e a verbena con París de Noia. Tres carrozas animarán desde as 18:30 horas as rúas da zona urbana, batucada, a Santa Compaña e figurantes ataviados coas vestimentas típicas desta celebración.

A partir das 20:30 horas, na carpa habilitada na explanada do paseo do Burgo, haberá animación musical que se estenderá ata as 22:30. Posteriormente, dará comezo a verbena con París de Noia, en dous pases, e unha exhibición pirotécnica. 
 

Animación nos centros sociais

Os centros sociais contarán con animación e obradoiros en dos datas: o domingo 19, de 18.00 a 20.00 horas, será nos centros de Castelo, Celas, Ledoño, Orro, Sésamo e Sueiro. E o sábado 25, no mesmo horario, en Almeiras, Castro Laxe e O Noso Lar.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina