A programación das bibliotecas de Culleredo chega en marzo con contos para bebés, talleres de reciclaxe e dúas citas coa Dragona Ramona

As bibliotecas de Culleredo fan pública a súa programación para marzo cun compendio de actividades entre as que destacan contos para bebés, talleres de reciclaxe e dúas citas con Dragona Ramona. Empezarán o vindeiro xoves 9 con Marisa Irimia no Burgo, ás 17:00 horas. 
 
Será precisamente os ‘Contos para bebés’, pensada para nenas e nenos de 0 a 3 anos e a entrada será libre ata completar aforo. Seguidamente, o venres 10 de marzo, a biblioteca de Vilaboa acollerá un taller de reciclaxe “Customización de camisetas”, para nenas e nenos de 7 a 12 anos. Para inscribirse, hai que chamar ao número 981 650 077. 
 
Por último, os xoves 16 e 23 de marzo, “Ada, magnífica científica” con Dragona Ramona. O 16 en Vilaboa e o 23 no Burgo, para nenas e nenos de máis de 3 anos e con entrada libre ata completar aforo. 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina