Comezan os talleres prácticos de 'ecopercusión' para a rapazada de 5º de Educación Primaria dos centros de Culleredo

Os escolares de 5º de Educación Primaria de Culleredo traballarán por primeira vez a ecopercusión con talleres prácticos de dúas horas de duración. Nesta actividade, o alumnado aprenderá a facer unha ‘batukada’ a partir de materiais de refugallo. Un simple cubo de pintura usado e unhas baquetas bastan para que poñerlle ritmo a unha mañá de clase.

Deron comezo hoxe mesmo, no CEIP Sofía Casanova e CEIP Vila de Rutis, e sumaranse nos vindeiros días o CEIP Isaac Díaz Pardo, CEIP Plurilingüe Ría do Burgo, o CEIP Vila de Rutis, o CEIP Plurilingüe de Tarrío e o CPR A Ponte Pasaxe.

Precisamente esta mañá acudiron á inauguración do programa Cristina Pardo, concelleira de Educación, xunto a Jéssica Méndez, edila de Servizos Sociais. No Sofía Casanova, acompañaron ás e ós pequenos no comezo da actividade, que prestaron atención en todo momento ás explicacións do profesor.

Hai que dicir que os talleres están dirixidos por docentes de ‘Ecopercussión`, un colectivo especializado e organizado para servir como punto de apoio no ensino de todos os niveis, contribuíndo ao desenvolvemento da música instrumental, vogal e a expresión corporal.

Nese sentido, Cristina Pardo, concelleira de Educación, destacou que “se trata de combinar dúas actividades moi importantes: a música, elemento lúdico e educativo a partes iguais, coa posta en valor do importante que é que coidemos o medio ambiente, e o que se pode facer con cousas recicladas é realmente impresionante”, asegurou.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina