O Concello de Culleredo iniciou os actos polo 8M cun obradoiro nos IES

O Concello de Culleredo, neste 8 de marzo súmase á xornada de reivindicación e de loita do Día Internacional das Mulleres, manifestando o seu  firme compromiso coa igualdade, comprometéndose a seguir avanzando na conquista e na defensa dos dereitos das mulleres.

Este ano 2023, a ONU elexiu o lema: Por un mundo dixital inclusivo: innovación e tecnoloxía para a igualdade de xénero. Incorporar  a perspectiva de xénero na educación dixital axudaría a que as mulleres e as nenas tomen maior coñecemento sobre os seus dereitos e as súas oportunidades. Igualmente, buscar referentes para as mulleres daqueles colectivos máis vulnerables, é imprescindible para que nenas e mozas debuxen o seu futuro seguindo os pasos de outras que romperon barreiras e superaron dificultades e retos académicos que as fixo máis independentes e polo tanto máis poderosas.

Deste xeito este 1 de marzo, para comenzar con accións de empoderamento da muller, a Concellaría de Benestar Social en colaboración coa Asociación Nacional de Presenza Xitana,  dentro do programa Kamelamos y salud que desenvolve neste concello, levou a cabo un obradoiro dirixido a alumnas adolescentes dos institutos cullerdenses IES Rego de Trabe, e IES E. Blanco Amor, que acompañadas das orientadoras destes centros,  acudiron á charla que impartiu a moza universitaria de familia xitana, Gisela Suárez Rosillo, estudante de Grao en Empresariais, quen animou a partir da súa experiencia, a  seguir superándose e con algo de esforzo e moita  constancia, continuar formándose academicamente, e descubrir nas materias que apriori non motivan, cousas moi interesantes e útiles para relacionar feitos e entender mellor o funcionamento das sociedade, e  para ser mulleres independentes e libres. 

 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina