O Concello de Culleredo, a través da área de Xuventude, recupera un dos seus programas máis exitosos de dinamización para a mocidade local que tan bos deixou en pasadas edicións. Non se celebraba desde antes da pandemia.
Así, durante os meses de marzo, abril, maio, outubro e novembro, terán lugar no pavillón do CEIP Sofía Casanova actividades como iniciación aos xogos de rol, hip hop, coctelería sen alcol, estampaxe, creación con madeira reciclada ou iniciación á maxia.
Poderán anotarse os residentes en Culleredo con idades comprendidas entre os 12 e os 30 anos, a través do formulario que facilita o Concello na súa páxina web.
Achegamos o programa completo para a primeira parte (marzo, abril e maio):
17/03/2023: Iniciación a xogos de rol e taboleiro | Competición de inchables deportivos | De 22:00 a 00:00 horas
18/03/2023: Hip Hop | Competición de inchables deportivos | De 22:00 a 00:00 horas
24/03/2023: Lettering: debuxa letras bonitas | Parkour e rocódromo | De 22:00 a 00:00 horas
25/03/2023: Coctelería sen alcol | Parkour e rocódromo | De 22:00 a 00:00 horas
14/04/2023: Estampa a túa bolsa de tea | Xogos populares | De 22:00 a 00:00 horas
15/04/2023: Elaboración de selos | Tiro con arco | Xogos populares | De 22:00 a 00:00 horas
21/04/2023: Lettering con pincel | Iniciación á danza urbana | De 22:00 a 00:00 horas
22/04/2023: Iniciación á maxia | Freestyle – Galos do norte | De 22:00 a 00:00 horas
28/04/2023: Mini xardín de suculentas | Competición de baloncesto 3x3 | De 22:00 a 00:00 horas
29/04/2023: Creacións con madeira reciclada | Competición de baloncesto 3x3 | De 22:00 a 00:00 horas
12/05/2023: Disco final | De 22:00 a 01:00 horas