O Concello de Culleredo, a través da área de Xuventude, está a achegar a arte do cinema ao alumnado dos centros públicos da man do director Hugh McGinley. Esta semana comezaron os seminarios no IES Rego de Trabe e IES Branco Amor, con sesións de rodaxe e formulación de guión.
Este programa educativo ‘Culleredo, de cinema’ está orientado á consolidación da ferramenta da curtametraxe para adolescentes e preadolescentes do século XXI, a través do traballo en equipo.
Recóllense varias fases, con formación e tutela durante todo o proceso. Preténdese detectar as debilidades e as fortalezas da nosa realidade á hora de definir o marco e os perfís; o desenvolvemento de historias sólidas, interesantes e facilmente convertibles á nova linguaxe audiovisual para evitar posteriores problemas en produción e post produción; a importancia do formato e da linguaxe técnica; a narrativa, o ritmo, as intra historias e os diálogos, etc.
Tamén se formará aos e ás mozas en aspectos técnicos, como os tipos de planos cinematográficos e os tipos de movemento de cámaras, deseño de storyboard e anotacións técnicas ao guión, o que se coñece como ‘plan de rodaxe’.
Por último, realizarase unha rodaxe auténtica, desenvolvendo o labor de dirección favorecendo o manexo directo do alumnado, sendo elas e eles quen opere as cámaras, claquetas, luces e resto do equipo.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER