Culleredo dá a coñecer a programación cultural ata novembro, na que destaca o Burgojazz, o III Entreculturas ou o concerto de Izquierdo Sisters

O Concello de Culleredo deu a coñecer esta mañá a programación cultural ata novembro, na que destaca o Burgojazz, o III Entreculturas ou o concerto de Izquierdo Sisters.

O amplo compendio de actividades abarca espectáculos para todos os públicos. Comezará o venres 14 de abril ás 20:00 horas coa obra de teatro ‘De algo hai que morrer’, de Malasombra Teatro. Ás 19:30 horas do venres 21 de abril, teatro infantil a cargo de Galeatro Teatro con ‘Carabela’. O sábado 22 ás 20:30 horas o monólogo de Oswaldo Digón ‘Outra movida’ e por último, o venres 28 de abril ás 20:30 horas, teatro para adultos a cargo de Culturactiva, ‘The witch de Diana Sieiro’. Todas, no Auditorio de Servizos Múltiples. Durante todo o mes de abril, no Xardín Botánico, poderase contemplar a exposición de Natalia Martínez.

En maio, a partir do día 15 e ata finais de xuño, haberá no Botánico unha exposición conxunta de varios artistas. O venres 5 dese mes, teatro para adultos da man de Culturactiva: ‘Soños’. O mércores 17 de maio, celebrarase a Feira de Artesanía no Parque Europa, de 11:00 a 20:00 horas coa actuación do Mago Antón na Explanada de Usos Múltiples. O domingo 21 ás 20:30 horas, concerto de ‘Nano Stern’ para público adulto.

Xuño chegará con ‘Canta miña pedra canta’ de Xoan Curiel e Charo Pita o día 2 ás 19:30 horas, especificamente para público infantil. O venres 9, a partir das 20:30 horas, teatro para adultos con Producións Escéntricas, ‘Mofa e Befa pirolíticos’. O venres 16 de xuño ás 18:00 horas, teatro para bebés con Baobá Teatro, ‘Palabras’. Como colofón, o Burgojazz, que alcanza a vixésimo segunda edición do 30 de xuño ao 3 de xullo. Será no Xardín Botánico.

En xullo, do 4 ao 7, o III Entreculturas, tamén no Botánico. Xa en setembro, o día 8 ás 20:30 horas, o concerto de Izquierdo Sisters. O venres 15 , ás 20:30 horas, ‘Fala-me’, con Trad Cabaret. Outubro chegará da man de Pérez & Fernández con ‘Nanai da China’ o día 6 ás 19:30 horas. O Festival Galicreques celebrarase todos os venres deste mes.

Por último, novembro chegará con tres citas ineludibles. O día 10 ás 19:30 horas ‘A cincuenta que non quería comer perdices’, de Sarabela Teatro para público infantil. O venres 17 ás 20:30 horas para público adulto, ‘Fala-Fala’, de Cándido Pazó. Por último, o xoves 23 de novembro ás 20:30 horas, ‘As que limpan’, da Panadaría, para público adulto.
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina