EXPOSICION LISTAS ELECTORAIS
Como consecuencia da convocatoria das Eleccións Locais e as Asambleas de Ceuta e Melilla o vindeiro dia 28 de maio de 2023, de conformidade co establecido no artigo 39 da Lei órgánica 5/95 de 19 de xuño do réxime electoral xeral, ponse en coñecemento do público en xeral que nas oficinas municipais dende o día 10 ao 17 de abril, ambos os dous incluídos, están expostas ao público as listas electorais.
Durante o citado prazo, poderase presentar a reclamación respecto da súa inclusión ou exclusión no censo, nos lugares que se sinala:
- Dependencias municipais situadas na Casa Consistorial, rúa do Concello, nº 12, Culleredo, en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres.
A reclamación a fará a persoa interesada, que deberá presentar o D.N.I. orixinal.
Culleredo, 4 de abril de 2023
O alcalde
Asdo. José Ramón Rioboo Castro.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER