Culleredo participará no VI Ciclo Metropolitano pola Igualdade nas Artes e a Música 'Elas son artistas' con Reinas Malas en setembro

O Concello de Culleredo participará na VI Edición do Ciclo Metropolitano pola Igualdade nas Artes e a Música ‘Elas son artistas’ coa actuación de Reinas Malas no Edificio de Servizos Múltiples o vindeiro 22 de setembro. Contaremos pois, co humor das Izquierdo Sisters (Lucía Veiga e Marita Martínez) e Niñas de la risa (Diana Sieira e Ángela Triana).

A concelleira de Cultura, Penélope López, acudiu esta mañá á presentación do cartel no Teatro Colón, na Coruña, onde tamén se deron cita representantes dos Concellos que participan neste 2023, como é o caso da Coruña, Arteixo, Betanzos, Carral e Oleiros.

“Estamos moi contentas de poder participar como colaboradores nun evento que é moi importante a nivel cultural, pero tamén social, reivindicando o papel da muller nun ámbito que, en innumerables ocasións, consegue elevarnos a outra dimensión”, subliñou.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina