O Concello de Culleredo organiza un obradoiro de cociña sostible 'Cambio climático no prato'

O Concello de Culleredo, a través da Área de Xuventude, e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, organizan un obradoiro de cociña sostible o vindeiro martes 25 de abril para concienciar á poboación sobre a cociña de aproveitamento. 

Contará coa participación do cociñeiro Álex Iglesias, do restaurante Cabanas, e a colaboración do programa Tupper Club da Televisión de Galicia. En horario de 17:00 a 19:00 horas, o Centro Municipal de Formación Pablo Picasso acollerá esta actividade, destinada para a poboación de entre 15 e 35 anos e cun límite de 20 prazas. 

Trátase dun showcooking de cociña sostible no que se prepararán pratos de proximidade cos que reducir a pegada de carbono. Encádrase no proxecto europeo #PeopleAndPlanet e #EuDEARProgramme. As persoas interesadas poden inscribirse aquí neste formulario ata o vindeiro 23 de abril de 2023 por orde de chegada, con preferencia para as persoas empadroadas en Culleredo. 

Para máis información ou dúbidas, está habilitado o número de teléfono 620 008 450. 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina