O Concello de Culleredo, tras a reunión da Mesa de Avaliación, publica a proposta provisional de aprobación de solicitudes de concesión de subvencións municipais destinadas a asociacións e entidades sen ánimo de lucro do termo municipal de Culleredo para a reactivación do tecido asociativo e para atender as necesidades xurdidas como consecuencia da crise sanitaria provocada pola Covid.19, convocatoria publicada no BOP núm. 237 o 16/12/2022.
Ábrese un prazo para presentación de alegacións de 10 días hábiles a contar dende a publicación deste anuncio, de forma que o prazo remata ás 23.59 horas do 11/05/2023.
Nota importante: no caso das entidades deportivas, quedaron excluídas, como marcaban as bases, as que recibiran xa axudas municipais neste período. Estas entidades poderán concorrer á nova convocatoria de subvencións que se efectuará unha vez resolta esta.