Tarrío, Almeiras e O Burgo acollerán esta fin de semana o Campionato de España cadete de balonmán e a Fase de Ascenso Sénior

O polideportivo de Tarrío, o de Almeiras e o do Burgo acollerán esta fin de semana o Campionato de España cadete de balonmán e a Fase de Ascenso sénior. Os encontros comezarán xa o venres, ás 16:30 horas, en Tarrío, co partido que disputarán BM Culleredo Sweepend e Rebi Cuenca. Ás 19:30 horas, o encontro entre o IES Pereda Davilas e C.D. Josefinas Mérida, no pavillón de Almeiras. Ambos na categoría cadete. 

Esta mañá, o Salón de Plenos do Consistorio acolleu a presentación do evento, á que acudiron o alcalde, José Ramón Rioboo; o concelleiro de Deportes, Miguel Suárez; o presidente do Balonmán Culleredo, Anxo Canedo e Fernando Vázquez, director técnico do Balonmán Culleredo. Os encontros sénior darán comezo tamén o venres, ás 18:45 horas o Balonmán Culleredo contra o BM Villafranca e ás 20:30 horas, Maravillas contra Unión Financiera "B".

“Estamos ilusionadísimos, este é un escaparate inmenso para ou Club Balonman Culleredo, para os rapaces e para todo o concello. Penso que nos tocaron dous grupos duros, como non podría ser doutra maneira a estas alturas de tempada, pero entendo que se os dous equipos de Culleredo estamos ao noso nivel, teremos seguro as nosas opcións”, comezaba Fernando Vázquez.

Pola súa banda, Miguel Suárez, concelleiro de Deportes, afirmou que “por encima de todo, os xogadores teñen que gozar da experiencia, xa que non se chega todos os días a participar neste tipo de eventos e é un momento para conseguir o obxectivo co apoio de todas e todos, que será máis fácil sen dúbida”.

O presidente do Balonmán Culleredo, Anxo Canedo, destacou que “nós como Club solicitamos estas dúas fases, apostamos forte por elo e ou bo traballo que se fixo desde anos atrás, e coas que se organizaron a nivel autonómico, permitiu que a Federación Española nos outorgara estas dúas competicións. Agradecemos tamén ao Concello de Culleredo ou apoio a nivel loxístico e por todas as facilidades outorgadas e agardo que sexa unha gran cita para Culleredo e para ou balonmán. *É un orgullo como se volca a xente nestes eventos, como ou fai con Culleredo e ogallá teñamos unha festa ou vindeiro domingo”, finalizaba.

Pechando a quenda de intervencións, o alcalde sinalou que “despois do tremendo éxito da Final Four infantil celebrada en Tarrío a pasada fin de semana, volvemos acoller unha cita marcada en vermello no calendario deportivo desta disciplina a nivel autonómico, e non podemos deixar de felicitar ao noso Club, o Balonmán Culleredo, pola organización tan seguida e por tanto, tan esixente, de dúas probas moi relevantes. As e os afeccionados ao balonmán, e ao deporte en xeral, teñen unha cita ineludible esta fin de semana en Tarrío e Almeiras”, proseguía o alcalde, José Ramón Rioboo.


Poden conseguirse as entradas en www.balonmanculleredo.com 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina