Convocatoria da solicitude do uso das instalacións deportivas municipais (IDM) por parte dos centros docentes, entidades deportivas, ANPAS, entidades de benestar social e outras entidades que teñan seccións deportivas e que figuren no Rexistro municipal de asociacións.
O prazo de presentación de solicitudes comeza o 23.05.2023 e remata o 20.06.2023.
O período para o que se debe solicitar o uso das instalacións deportivas iníciase en setembro de 2023 e remata en agosto de 2024.
As instalacións incluídas son os polideportivos municipais do Burgo, Ría do Burgo, Vilaboa, Almeiras e Tarrío e os campos municipais de fútbol do Burgo, Rutis, Tarrío e Almeiras.
A presentación de solicitudes deberá realizarse obrigatoriamente por medios electrónicos de acordo co establecido no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.
Para presentar electronicamente a solicitude será necesario que dispoña de certificado electrónico:
- a propia entidade (certificado de persoa xurídica)
- quen ocupe a presidencia ou a secretaría da entidade (certificado de persoa física ou de representante de persoa xurídica)
- quen represente á entidade perante o Concello de Culleredo (no caso de ser distinta das anteriores)
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
info_idm.odt.pdf | 41.61 KB | |
modelo_de_solicitude.pdf | 38.12 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER