O III Entreculturas no Xardín chega este martes 4 a Culleredo con catro eventos

O Entreculturas no Xardín regresa este martes 4 de xullo a Culleredo. A terceira edición do evento cultural celébrase entre 4 e o 7 de xullo no Xardín Botánico Ría do Burgo, cun evento diario para mesturar teatro, música e humor. A obra teatral 'Dous no Camiño' inaugurará o certame cultural neste ano 2023.

O martes 4 de xullo a partires das 20:30 horas comezará a representación dirixida por Avelino González e interpretada polos humoristas Fran Rei e Isabel Risco. Neste espectáculo para todos os públicos repásanse tres das lendas xacobeas máis populares: a do cabaleiro francés Roldán, a da barca de pedra de Muxía e a tralatio do Aóstolo Santiago a Compostela. Ao longo de 70 minutos, Rei e Risco transfórmanse nuns peregrinos con personalidades opostas que se atopan accidentalmente nun punto do Camiño.

Mentres, o mércoles 5 de xullo desde ás 20:30 horas Dani Royo encargarase de amenizar a noite no xardín coa súa 'Homenaxe a Antonio Flores'. Royo conforma un trío composto tamén por Javier Catalá, un dos membros da banda orixinal de Antonio Flores. A contundente aposta musical innovadora fai un percorrido polos grandes éxitos do artista.

O xoves, tamén ás 20:30, será a quenda para Aldaolado, un dúo das poetas Lucía Aldado e María Lado, que mesturan poemas, música e historias para gacer visibles as desigualdades que as mulleres seguen atopando na vida pública e privada. Cun afinado sentido do humor, Aldaolado fala do patriarcado, do feminismo, da discriminación ou do concepto de amor romántico. A partires de experiencias propias que aparecen nas historias e nos poemas, chaman por mulleres que marcaron a historia, como Elisa e Marcela.

Por último, o venres 7 de xullo ás 21:00 horas, Durden pechará esta edición de Entreculturas. O grupo liderado polo presentador de televisión Diego Losada compón sons rock mesturados con pop bailable, funky e algunhas notas de jazz. En formato 'power trío', as voces dos tres membros harmonizan a voz principal no coro.

Deste xeito, Culleredo prepárase para unha nova edición do III Entreculturas, que en cada un dos seus eventos ofrecerá entrada libre e sen reservas.

Vista previaAdxuntoTamaño
entreculturas_folleto.pdf1.16 MB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina