O BurgoJazz e o Festival Entreculturas pecharon con éxito en Culleredo. Os eventos culturais que marcan o inicio de xullo no noso concello achegaron durante oito días arte nas súas diferentes expresións nunha contorna ideal como son a Aula da Natureza e o Xardín Botánico Ría do Burgo. Charo Quicler & Group, Potato Head Jazz Band, Aldaolado ou Durden foron só algunhas das agrupacións das que a veciñanza puido desfrutar neste comezo de mes.
Dunha banda, o xa tradicional BurgoJazz acadou a súa 22ª edición. Durante catro días, do 30 de xuño ao 3 de xullo, as Aulas da Natureza Juan Lembeye do Xardín Botánico acolleu numerosas actuacións. Por Culleredo pasaron Tributo a Grapelli, Charo Quicler & Group, Marian Ledesme & Tinaguero Brothers, Simón García Quartet, Puzzle Cabinet e Potato Head Jazz Band para seguir axudando a converter a Culleredo nunha localidade que aposta claramente polo jazz no seu programa cultural.
Sen pausa, de xeito inmediato o BurgoJazz deu paso ao Festival Entreculturas no Xardín. A terceira edición deste evento trouxo a Culleredo teatro, música e comedia reivindicativa. Entre o martes 4 e o venres 7 de xullo, o Xardín Botánico acolleu a representación 'Dous no Camiño', a homenaxe a Antonio Flores por parte de Dani Royo e a súa banda, o recital sarcástico e reivindicativo 'Benquerer(se)' do dúo Aldaolado e o concerto do grupo Durden.
Deste xeito, un ano máis, xullo comezou con arte en Culleredo e os cullerdenses respostaron con seguemento a unha oferta cultural coa que pechar da mellor maneira os primeros días de verán.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER