O Concello de Culleredo reabriu ao tráfico a rúa Vicente Risco, tras cortala polas obras da nova glorieta de Vilaboa, traballos de renovación da intersección da devandita rúa e Domingo Sierra coa avenida, onde se está a construír unha glorieta.
O proxecto contempla, ademais da rotonda, a urbanización da contorna e a mellora dos servizos. Entre eles inclúese a renovación da rede de saneamento, motivo polo cal se cortou ao tráfico esta rúa.
Obras
O Concello está a realizar, dentro do plan de modernización de Vilaboa, as obras de mellora desta intersección da antiga N-550, coas rúas Alcalde Domingo Sierra, Xafonte, Calzada e Vicente Risco, xunto á ponte sobre a autoestrada AP-9. O investimento alcanza os 436.644 euros, financiada polo Plan Único da Deputación da Coruña
Por iso, constrúese unha ligazón en forma de glorieta, que dispoñerá dun único carril anular de 6 metros e unha beiravía de 1 metro e cuxo interior contará con árbores e céspede natural.
Coas miras postas nos peóns, as beirarrúas serán ampliadas e acondicionaranse os vaos nos pasos de peóns dacordo cos criterios de accesibilidade. Outro dos puntos chave da actuación será o paso elevado sobre a AP-9. Alí tamén se anchearán as beirarrúas e renovaranse as proteccións laterais coa instalación de novas pantallas antivandálicas.
Tamén se mellorarán as redes municipais de saneamento, pluviais e renovaranse as instalacións semafóricas e a iluminación pública con tecnoloxía LED, reducindo o consumo enerxético. Ademais, reforzarase a iluminación nos pasos de peóns. Inclúese, á súa vez, a dotación de novo mobiliario urbano.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER