O Concello abre este luns o prazo de preinscrición para as escolas municipais culturais e deportivas

O Concello de Culleredo abre este luns, 28 de agosto, o prazo de preinscrición das escolas municipais culturais e deportivas. Rematará o 5 de setembro. Poderá realizarse tanto de maneira presencial, no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo, como no correo escolasmunicipais@culleredo.es, en ambos os casos sendo condición indispensable presentar o formulario debidamente cuberto e asinado.

A oferta implica actividades tanto para adultos como para nenas e nenos. Bailes de salón, swing, óleo, inglés, artesanía, guitarra, informática, patchwork, fotografía dixital, deseño de videoxogos, zumba, pilates ou ioga son algunhas das que están dispoñibles no amplo abanico que ofrece a Adminstración local.

Para cada actividade, o Concello determinará un límite máximo de participantes, en función das características das mesmas e das instalacións dispoñibles. Resérvase, en todo caso, o dereito para cancelar calquera actividade que non acade un mínimo do 75% de participantes.

O prezo trimestral xeral por actividade será de 25 euros para persoas empadroadas, e de 35 euros para non empadroadas. Existen descontos para menores de 18 anos, maiores de 65 ou pensionistas, ou estar desempregado/a, entre outros criterios. 

Podes ollar a licitación no perfil do contratante do Concello de Culleredo. 

 

Vista previaAdxuntoTamaño
escolas_municipais_23.pdf163.91 KB
folla_preinscricion.pdf183.09 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina