O Concello de Culleredo adicará 96.503,39 euros para preservar a biodiversidade do Monte Xalo, proxecto para o que xa hai unha reserva de crédito no Orzamento de 2023.
Dentro do mesmo recóllense accións como a eliminación de especies alóctonas e invasoras dos lugares con breixos húmidos atlánticos, na vexetación de ribeira de regatos, así como nos perímetros de protección de mananciais e dos miradoiros catalogados na Estratexia Galega da Paisaxe; plantar especies autóctonas adaptadas ao clima, chan e fauna presentes en todo este ámbito de actuación; manter o nivel freático das turbeiras para evitar a súa degradación, eliminando drenaxes e sendas empregadas por vehículos todoterreo; crear pequenas charcas temporais que favorezan o desenvolvemento de anfibios, aves ou insectos aproveitando a propia orografía do terreo; protexer e delimitar os regatos, remansos e pozas temporais para evitar o paso de vehículos, ciclistas e senderistas creando refuxios de fauna e realizar a correspondente analítica das augas dos mananciais do Xalo para determinar a súa calidade e posible catalogación como auga de manancial ou mineromedicinal.
En definitiva, trátase de recuperar o hábitat natural prioritario de breixo húmido atlántico.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER