Finalizan as 'Mañás de campamento', o programa de conciliación impulsado polo Concello de Culleredo

Hoxe, 1 de setembro de 2023, despídese unha nova edición do programa ‘Mañás de campamento’, impulsado polo Concello de Culleredo para favorecer a conciliación das familias do municipio.

Isto significa o comezo inminente dun novo curso académico, para o que as nenas e nenos de Culleredo xa están máis que preparadas. Así puido comprobalo a concelleira de Educación, Cristina Pardo, quen visitou ás pequenas e pequenos no CEIP Sofía Casanova para darlles as grazas polo seu bo comportamento e implicación durante as actividades, así como para desexarlles un bo inicio de curso.

Os campamentos estiveron destinados para nenas e nenos de idades comprendidas entre os 3 e 12 anos de idade, e matriculados no curso actual en Educación Infantil ou Primaria.

As actividades estiveron deseñadas para gozar dos xogos ao aire libre, sempre que a climatoloxía permitíseo, fomentar a convivencia e animar á interrelación entre as nenas e nenos. Estiveron adaptadas ás diferentes idades, cun enfoque activo e participativo. A ciencia, a historia, a música, as artes plásticas e a natureza foron temas que se abordaron nos diferentes talleres que levaron a cabo.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina