O Concello de Culleredo, a través da Concellería de Dinamización Social, ten previsto impartir ao longo dos meses de outubro e novembro deste ano unha serie de accións formativas, dirixidas preferentemente aos/ás veciños/as de Culleredo que preferentemente se atopen en situación de desemprego e inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia.
Con esta formación preténdese capacitar ás persoas para o desempeño cualificado das profesións e o acceso ao emprego, favorecer a formación das persoas traballadoras mellorando a súa capacitación profesional e desenvolvemento persoal, contribuír á mellora da productividade e competitividade das empresas, proporcionar aos traballadores os coñecementos axeitados ás competencias profesionais requiridas no mercado de traballo e ás necesidades das empresas e mellorar a empregabilidade e a recualificación dos traballadores, especialmente dos que teñen dificultades de mantemento do emprego ou de inserción laboral.
O curso esta dirixido preferentemente veciños/as de Culleredo de 18 anos de idade ou máis, preferentemente en situación de desemprego e inscritos/as no Servizo Público de Emprego de Galicia. Disponse de toda a información no documento adxunto.
A preinscrición realizarase do 25 ao 29 de setembro de 2023 por rigorosa orde de preinscrición, a través do seguinte formulario: formulario de preinscrición
Consulta no arquivo adxunto toda a información respecto á actividade formativa. En total, serán 40 horas por edición e celebrarase no Centro Municipal de Formación e Emprego 'Pablo Picasso' de Culleredo.
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
curso-asistencia_domiciliaria.pdf | 257.22 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER