Orro estreará este domingo a andaina 'Túneles de Culleredo' con 250 persoas inscritas

Orro acollerá este domingo a andaina ‘Túneles de Culleredo’, proba da I Liga Xunta de Galicia de Sendeirismo da FGM, así como da liga Ibérica. Participarán 250 persoas entre todos os percorridos.

Haberá tres probas, de 8, 16 e 25 quilómetros de lonxitude, que darán comezo ás 9:00 horas, con café, avituallamiento e un menú a base de pito ‘pedrosiano’. Tamén haberá opcións vexetarianas.

A andaina está organizada pola ADTL A Pedrosa, coa colaboración do Concello de Culleredo, Deputación de Galicia e Xunta de Galicia. Esta mañá, presentaron a proba no Edificio de Servizos Múltiples a concelleira de Cultura, Penélope López; a presidenta da Federación Galega de Montañismo, Josefina Maestu; o presidente da ADTL A Pedrosa, Manolo Oliveira e o técnico de Deportes, Carlos Puyol, na súa derradeira aparición pública en activo, xa que mañá xubilarase tras máis de 30 anos de servizo na Administración cullerdense.

“Antes de nada, dar as grazas ao Concello de Culleredo, á ADTL A Pedrosa, Deputación da Coruña e Xunta de Galicia por tomar parte desta andaina, que posúe todas as características para afianzarse no circuíto autonómico”, asegurou Maestu.

Pola súa banda, Manolo Oliveira, presidente de ADTL A Pedrosa, destacou que “este ano a Federación animounos a facer este percorrido, xa que fixeramos en 2007 algunha proba que reuniu a máis de 300 persoas, e este ano estreámonos nun percorrido moi particular. Creo que vai ser un día moi bonito, pasaremos por 4 túneles e oxalá todo salga o mellor posible e podamos vernos en 2024”.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina