Culleredo acolle a exposición da Garda Civil con motivo do 50 aniversario da creación do seu Servizo Aéreo

Culleredo acolle durante toda a fin de semana a exposición da Garda Civil con motivo do 50 aniversario da creación do seu Servizo Aéreo. A inauguración institucional correu a cargo do alcalde, José Ramón Rioboo, a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas e o xeneral Xefe da XV Zona da Garda Civil, Miguel González.

Poderá visitarse hoxe, venres 22 de setembro, de 11:00 a 20:00 horas; mañá, sábado 23 de setembro, de 11:00 a 22:00 horas e o domingo 23 de setembro de 11:00 a 15:00 horas. Na mesma pódense contemplar dous helicópteros, así como diferente material de traballo da unidade. Drons, traxes, válvulas de helicópteros ou maquetas de avións oficiais, entre outros. Tamén unha exposición de debuxos que os máis pequenos e pequenas realizaron.

O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, quixo agradecer “á Garda Civil o pensar en Culleredo para que podamos acoller aquí esta mostra, que é o claro exemplo do inconmensurable traballo que fan as forzas e corpos de seguridade do Estado”, aludindo ó seu lema, “moi oportuno, xa que ’50 anos voando para ti’ significa que fai cinco lustros que a cidadanía goza dun maior número de condicións de seguridade no seu día a día”.

En referencia a que tamén se cumpren 25 anos da base provincial, situada no aeroporto de Alvedro, o rexedor expresou que o impacto do aeródromo que afecta os veciños vese en ocasións tamén recompensada por servizos como este. “Proporciona gran seguridade ver aos efectivos da Garda Civil, que en Culleredo contou sempre con grandes profesionais de gran vocación”, afirmou, trasladando o agradecemento en nome do pobo.

Pola súa banda, María Rivas, subdelegada do Goberno na Coruña, destacou o “servizo básico” da Garda Civil, tanto “en materia de seguridade e vixilancia como de auxilio e axuda á cidadanía”. Tamén resaltou a continua renovación de aeronaves así como a incorporación de tecnoloxía como drons para seguir mellorando a súa capacidade de actuación.

O xeneral Xefe da XV Zona da Garda Civil, Miguel González, sinalou que na base de Alvedro cóntase con 11 efectivos e que algúns dos operativos máis habituais coa procura de persoas desaparecidas, a prevención de incendios, a vixilancia no Camiño de Santiago ou na costa. A nivel estatal, explicou que nestes 50 anos rexistráronse máis de 100.000 actuacións, das que 6.000 producíronse este ano.

No acto realizouse unha homenaxe aos 17 compañeiros caídos durante estes 50 anos do servizo. De forma representativa entregouse unha placa á familia do capitán Bernardo Pérez Navas. Foi un dos primeiros caídos no Servizo Aéreo, en Asturias en 1982, en labores de rescate a unha espeleóloga, coa audacia e vocación de servizo propia de todos os membros desta unidade.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina