O Concello de Culleredo organiza desde este xoves, 28 de setembro, un segundo Feirón no municipio. Celebrarase na explanada do Paseo Marítimo do Burgo, cunha periodicidade establecida para os cuartos xoves de cada mes.
O evento comezará o xoves con máis de 50 postos. Haberá uns 40 do sector téxtil e 15 de alimentación. Esta capacidade poderá ser ampliada, de existir demanda, polo Paseo Marítimo.
Neste espazo, coa pandemia, o Concello xa organizou alí algún Feirón dado o seu maior espazo, o que permitiu incrementar as medidas de seguridade. A experiencia foi moi boa dado que propiciou a asistencia de moitas persoas tamén de municipios limítrofes como Cambre.
Este Feirón súmase ao xa existente, que o Concello desenvolve os segundos domingos de mes entre Vilaboa e Acea de Ama, nas rúas Vicente Risco e avenida de Rutis.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER