O novo Feirón bota a andar con éxito de público e previsión de crecemento

O novo Feirón do Concello de Culleredo estreouse hoxe congregando a numeroso público no paseo marítimo do Burgo. É a localización elixida para esta segunda edición do mercado, que se celebrará os cuartos xoves de mes, complementando á xa existente en Vilaboa os segundos domingos.

A apertura do Feirón municipal no Burgo xerou gran expectación desde a súa apertura ás 10 da mañá. Compúxose de máis de 50 postos, dos que 40 eran do sextor téxtil e 15 de alimentación. Os clásicos postos de churros non pararon de servir ducias durante toda a xornada. O polbo e o churrasco tivo máis aceptación, como é lóxico, cara ao mediodía.

No apartado de alimentación, destacaron os postos de verduras, hortalizas e froitas ecolóxicas. As castañas, de gran tamaño, espertaron moito interese, do mesmo xeito que as patacas, uvas, cabazas, noces, leitugas, pementos, ou tomates, por nomear algúns dos produtos. O posto de mel ou o clásico de embutido tamén se vían sempre con clientes.

No apartado de téxtil, como é habitual no Feirón, contaba con multitude de postos de toda clase. Non faltou tampouco algún posto de ferraxaría, mercería ou teas.

O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, acudiu á apertura do novo Feirón, xunto co concelleiro de Desenvolvemento Económico, Juan Carlos Lovelle, e o de Comercio, Mario Igrexas. O rexedor avanzou que o evento poderá ser ampliado en número de postos utilizando máis espazo do paseo. "Estabamos convencidos que había demanda de crear un segundo Feirón e esta acollida está sendo excelente", expresou.

Rioboo sinalou que o evento está moi arraigado na comarca dado que acoden persoas tanto de Culleredo como dos concellos da zona. Ademais de rexistrarse gran afluencia ao evento, tamén se puido observar moito movemento no municipio, especialmente en todas as inmediacións do recinto. "É unha cita que xera dinamización económica en Culleredo e iso reforza a idea de continuar ampliando ou Feirón", afirmou Rioboo.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina