Culleredo comeza mañá a pavimentación no cruce da Avenida de Vilaboa con Domingo Sierra e ofrecerá tráfico alternativo

  • A rúa Domingo Sierra cortarase ao tráfico na súa intersección con Condes de Andrade, para favorecer o paso de vehículos pola antiga N-550.



O Concello de Culleredo dará comezo mañá, ás 22:30 horas, os traballos de pavimentación no cruce da Avenida de Vilaboa con Domingo Sierra, noutra das intervencións que buscan modernizar tanto esta vía como o seu entorno.

Durante os mesmo, que se realizarán pola noite para aliviar a conxestión no tráfico e durante catro noite, instalarase semáforos de obra na Avenida de Vilaboa, en ambos sentidos de circulación, e dando paso alterno por ambos lados da rotonda.

A rúa Alcalde Domingo Sierra permanecerá cortada na súa intersección con Condes de Andrade, para favorecer o paso de vehículos pola antiga N-550. Quedará totalmente restablecido o xoves, día 5 de outubro.

O alcalde, José Ramón Rioboo, apunta que "se apostou por unha modernización completa do cruce e a urbanización do entorno nas vías que desembocan nel". O rexedor destaca que "a modernización de Vilaboa é un claro exemplo de proxectos que queremos extrapolar a outros ámbitos de Culleredo; xerar un entorno accesible con zonas verdes, mobiliario e novos servizos para contribuír ao incremento do benestar".

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina