O Concello de Culleredo, a través do Centro de Información e Participación Xuvenil (CIPAX), organiza un obradoiro XOGOS DE ROLES OCULTOS. Terá lugar o sábado 28 de outubro no Centro Virginia Blanco (Fonteculler) en horario de 18:00 a 21:00 horas, e está destinado para a poboación de entre 12 e 30 anos e cun límite de 15 prazas.
As inscricions serán por orde de chegada da folla de inscrición o mail
cipax@culleredo.es ata o venres 27 ás 20:00 h. Terán preferencia ás persoas empadroadas en Culleredo.
As persoas inscritas recibirán a comunicación por mail ou móbil. Para os menores deberase achegar unha autorización do titor/a responsable.
Para máis información ou dúbidas pódese contactar con CIPAX no número de teléfono 620 008 450.
En que consiste o Obradoiro XOGOS DE ROLES OCULTOS?
Se che gusta o misterio, este é o teu taller apropiado. Cos nosos mellores xogos de mesa de roles ocultos, poderás mergullarte na intriga e desentrañar quen é o personaxe traidor. Serás capaz de descubrir a súa identidade?
Pero, que son os xogos de mesa de roles ocultos? Esta dinámica de xogo asigna roles secretos a un ou máis xogadores ao comezo da partida. Estes roles non son revelados ao público. Pode suceder que os personaxes estean divididos en dous bandos ou que todos os xogadores sexan adversarios entre si. O desafío radica en que ao principio non saberás quen son os teus aliados. A astucia, o engano e a capacidade de dedución son habilidades que se poñen a proba en partidas desta natureza. Canta máis información poidas obter dos demais, sen revelar o teu personaxe, mellor poderás trazar unha estratexia que te leve á vitoria. Anímaste a participar?