O Concello impulsa catro talleres para a mocidade este novembro

O Concello de Culleredo, a través da área de Xuventude, impulsa este novembro catro talleres para as mozas e mozos da localidade. 

Comezará este sábado, 11 de novembro, co obradoiro de 'Iniciación aos drons', de 18:00 a 21:00 horas no pavillón Ría do Burgo. Está pensado para idades de 12 a 20 anos. 

O 18 de novembro, de 18:00 a 21:00 horas, o Centro Cívico Virginia Blanco acollerá 'Xogos de escape room'. Para mozas e mozos de 12 a 30 anos. 

O 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o Centro Cívico Virginia Blanco acollerá o taller 'Estampa a túa camiseta', de 18:00 a 20:00 horas para mozas e mozos de 12 a 30 anos. 

Por último, tamén o 25 de novembro estará dispoñible 'Stop-motion. Crea a túa película', de 18:00 a 21:00 horas no Centro Virginia Blanco de Fonteculler. Para os rapaces e rapazas de 12 a 30 anos. 

A inscrición é de balde, puidendo facerse no Centro Municipal de Formación e Emprego Pablo Picasso, ou cumplimentando o documento adxunto nesta nova e, posteriormente, realizar o envío a cipax@culleredo.es. 

Para máis información, podes contactar no 620 008 450. 

*Importante: non se poderán inscribir no curso de drons as persoas que xa estiveran anotadas na anterior convocatoria.

Vista previaAdxuntoTamaño
folla_inscrcions_cipax_novembro_2023.pdf298.13 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina