Campaña de esquí da Deputación da Coruña 2024

ACTUALIZACIÓN: Publicada listaxe definitiva de solicitantes

------------

A Deputación da Coruña, dentro da súa programación deportiva para o ano 2024, pon en marcha unha campaña de esquí na estación de VALGRANDE-PAJARES, destinada a 600 nenos/as da provincia da Coruña.

Os participantes neste programa desfrutarán de 4 días con aloxamento e manutención, nun albergue a pé de pista, contarán con cursos de esquí e actividades complementarias na estación invernal de Valgrande-Pajares (Asturias).

Cada participante terá que inscribirse no concello onde este empadroado/a. As idades dos nenos/as participantes serán de 11 a 15 anos inclusive, cumpridos a 31 de decembro de 2023 e aboarán 85€ (oitenta e cinco euros) como cota de participación (que poderá ser asumida parcial ou totalmente polo concello de procedencia).

Esta campaña dará comenzo a terceira fin de semana de xaneiro e desenvólvese ao longo de seis quendas, segundo a distribución xeográfica. A entrada dos rapaces/as na estación será o venres antes do xantar e a saída o luns despois do xantar.

O transporte dende a comarca, tanto de ida como de volta, está incluído na oferta; os puntos da  comarca onde se efectuará a recollida notificarase con suficiente anticipación, na páxina web da Deputación da Coruña.

A Deputación responsabilízase da maior parte dos gastos ocasionados polos cursos; transporte de todos os participantes dende o punto de recollida en cabeceiras de comarca, estancia, manutención, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos na estación e actividades varias.

Nesta campaña de neve 2024 ao Concello de CULLEREDO correspóndenlle 14 prazas na primeira quenda, a cal transcorre dende os días 12 ao 15 de xaneiro. 

Estes son os prazos que deberá seguir durante a campaña de neve 2024:
 
- O prazo para facer as inscricións dos nenos/as será entre ata o 1 de decembro.
- Dende o día 4 de decembro ata o 13 de decembro farase o sorteo das prazas, terán prioridade os nenos e nenas que nunca asistiran a campañas de neve. 
 
É obrigatorio facela mediante Rexistro Municipal. Para calquera aclaración relacionada co programa, poden poñerse en contacto co departamento de deportes da Deputación en deportes@dacoruna.gal ou o teléfono 981080319.
Vista previaAdxuntoTamaño
ficha_de_inscricion_campana-neve_2024.pdf146.61 KB
comprobacion_empadronamento_neve_deportes_deputacion.pdf220.64 KB
listaxe_provisional_campana_neve_2024.pdf262.12 KB
listaxe_definitiva_campana_neve_2024.pdf90.99 KB
listas_sorteo_campana_da_neve_2024_da_deputacion_da_coruna_redes-1.pdf72.62 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina