O Concello propón unha nova edición das 'Xornadas micolóxicas' para finais de novembro

O Concello de Culleredo propón para finais de novembro unha nova edición das súas ‘Xornadas micolóxicas’. Celebraranse do 23 ao 25 deste mes, e dentro do programa as persoas inscritas poderán acudir a varias charlas, unha saída de campo e o showcooking final. Estarán dispoñibles 30 prazas, sendo a maior parte de actividades no Centro de Formación e Emprego Pablo Picasso.

Así, o xoves 23 de novembro celebrarase a charla de iniciación á micoloxía, a cargo de Fernando Ramos, en horario de 20:00 a 22:00 horas. O venres 24 de novembro, sobre as curiosidades do mundo funghi, con Raquel Poncini, tamén de 20:00 a 22:00 horas.

O sábado 25 de novembro celebrarase a saída de campo pola mañá con dous guías, e pola tarde o showcooking desde as 18:00 ás 22:00 horas, con posterior cea da man do chef Arance ata as 23:30 horas.

Dentro da proposta de pratos para a elaboración presencial atópase un carpaccio de ‘edulis’ e vieiras, empanada de cogomelos, revolto de níscalos con mexillóns de Lorbé, guiso de fabas de Tolosa con ‘Amanita rubescens’ ou xeado de ‘Tubaeformis’.

As inscricións podán facerse a través deste formulario web desde hoxe ata o 22 de novembro de 2023.
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina