Culleredo, Arteixo e A Coruña estudarán a ampliación do servizo de autobús da Zapateira

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, mantivo unha reunión coa directora xeral de Transportes para analizar diversos aspectos do convenio e do funcionamiento do plan de transportes metropolitano. No encontro, o primeiro edil trasladou á Xunta a intención do goberno local de prorrogar o convenio vixente ata que non estea constituído o Consorcio de Transportes. Igualmente, Sacristán solicitou unha serie de modificacións en canto a horarios e liñas dos servizos incluídos no mencionado plan.
Sacristán explicou que estas modificacións quedarán plasmadas nos próximos días unha vez que foran estudadas coa empresa que realiza o servizo, neste caso, Cal Pita-Asicasa. Entre as modificacións, o alcalde destacou os cambios que pretende levar a cabo na liña de Sueiro co fin de dar servizo aos núcleos de Cillobre e Sésamo.
Na mesma reunión, Sacristán trasladou á directora xeral o interese do seu Concello para que os autobuses da Compañía de Tranvías da Coruña amplíe o servizo na Zapateira, cubrindo máis urbanizacións pertencentes aos municipios de Culleredo e Arteixo. O alcalde adelantou que estes dous municipios manterán unha reunión co Concello da Coruña para analizar esta proposta col fin de preparar un acordo que se levaría á próxima reunión da Comisión de Seguimento o plan de transportes metropolitano do que forman parte estes tres municipios.
A directora xeral explicou ao alcalde que o seu departamento continuará a señalización, tal e como pediu o Concello, do servizo de transportes a través da instalación de mastros con paradas e horarios dos servizos e a colocación de marquesiñas. Sobre este último mobiliario, a Xunta pretende chegar a un acordo coa Deputación provincial para a instalación de novo equipamento.
A directora xeral tamén trasladou ao alcalde que a vontade da Xunta é tamén a de ir á creación dun Consorcio de Transportes sendo consciente, como tamén manifestou publicamente o propio alcalde, de que o proceso será longo.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina