O Concello calibra os semáforos da obra de Vilaboa facendo especial fincapé nos tramos horarios de entrada e saída dos colexios

O Concello de Culleredo continúa traballando na obra de Vilaboa para dar resposta ás necesidades das veciñas e veciños da zona. Esta mañá procedeuse ao calibrado dos semáforos da parte baixa da vía, próximos á nova rotonda do olivo, facendo especial fincapé nos momentos de entrada e saída dos centros educativos.

O xefe da Policía Local, José Ramón Couceiro, e persoal responsable da empresa que executou a instalación destes elementos, probaron a nova cadencia de paso, que se aumentará a 20 segundos.

Faise especial énfase nos tramos de 8:00 a 9:00 horas e de 14:00 a 14:45 horas, cunha maior capacidade de resposta no pulsador para os peóns e un aumento da velocidade de resposta para o cruzar, como comentabamos anteriormente.

 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina