O Concello de Culleredo deu a coñecer esta mañá a programación ao completo para as Festas de Nadal, na que se recollen actividades para pequenos e maiores. As visitas de Papá Noel, o Apalpador ou os Reis Magos aos centros sociais, o Desfile de Reis, teatro, contacontos, concertos de panxoliñas, deporte e solidariedade destacan no compendio de posibilidades ofrecidas pola Administración local.
Darán comezo hoxe mesmo ás 17:30 horas coa Dragona Ramona e o seu contacontos “O mellor Nadal” ás 17:30 horas na Biblioteca Cardeso Liñares de Vilaboa. Esta cita repetirase o 21 de decembro, á mesma hora, na Biblioteca Miguel González Garcés do Burgo.
Mañá, 15 de decembro, quenda para o taller creativo de decoración, na Biblioteca do Burgo ás 17:00 horas, onde as pequenas e pequenos poderán aprender máis sobre os adornos de Nadal.
O 16 e 17 de decembro, de 18:00 a 20:00 horas, haberá animación infantil nos centros sociais de Almeiras, Castelo, Fonteculler, Orro, Sueiro, Castro Laxe, Ledoño, O Noso Lare e Sésamo coa visita de Papá Noel a todos eles. O propio 17, de 18:00 a 21:00 horas, haberá tamén animación infantil no centro social de Celas e visitará ás nenas e nenos da devandita parroquia o Apalpador.
O 17 de decembro celebraranse a Papanoelada Moteira, un clásico do programa do Nadal de toda a comarca, así como o X Trail e Andaina de Orientaicón Gallaecia en Ledoño e o I Open Internacional de Xadrez ‘José Antonio Ferreño’, no Polideportivo do CEIP Plurilingüe Ría do Burgo.
O 21 de decembro, ás 18:00 horas, o Conservatorio Municipal de Música de Culleredo acollerá o Concerto de Nadal do alumnado do centro, ás 18:00 horas. Ese mesmo día, ás 18:30 horas, será o V certame de panxoliñas de APEM no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.
Desde o 22 de decembro, animación nas rúas comerciais de Culleredo con personaxes do Nadal. Leste mesmo día, a Biblioteca de ou Burgo acollerá o contacontos ‘Ou Apalpador’ con Marisa Irimia. Ademais, a fieste de Nadal para maiores, no polideportivo do CEIP Plurilingüe Ría do Burgo a partir das 17:00 horas, con servizo de autobús para a ida e a volta.
O 23 de decembro, a compañía de teatro O Reiseñor celebrará a súa Gala de Nadal de 18:30 a 20:30 horas no Auditorio Gustav Mahler do Conservatorio Municipal de Música de Culleredo.
Do 26 ao 30 de decembro, o pavillón do CEIP Plurilingüe Ría do Burgo será escenario do campus de patinaxe artística do Club Aura. Do 26 de decembro ao 5 de xaneiro, o Portazgo SD tamén organiza o seu campus no campo de Carrizo, e o polideportivo de Vilaboa acolle do 26 de decembro ao 5 de xaneiro o campus do Sport Salga Culleredo. No polideportivo de Vilaboa haberá tamén un campus de Esgrima Culleredo, do 26 de decembro ao 5 de xaneiro. O torneo do Balonmán Culleredo disputarase os días 27, 28 e 29 de decembro nos polideportivos de Tarrío e Almeiras.
Haberá carpas de Nadal con xogos infantís, inchables e talleres os días 2, 2, 4 e 5 de xaneiro en praza Europa e Vila Melania. Os Reis Magos visitarán os centros sociais do municipio o 5 de xaneiro e a Cabalgata percorrerá tanto as zonas rurais, en horario matutino, como as urbanas, en horario vespertino.
Comercio, conciliación, solidariedade e Winter Park
Ademais, dentro da programación, xa están en marcha as campañas de comercio local para estimular as compras de proximidade durante estas datas, con premios directos por comprar nos establecementos adheridos, así como o concurso de escaparatismo.
Entre o 22 de decembro e o 5 de xaneiro, o campamento municipal de Nadal ‘A maxia do Nadal’, no CEIP Vila de Rutis. Ata o 22 de decembro, todas as persoas que o desexen poderán participar na campaña ‘Reis Meigos solidarios’, para que ningún nena e neno de Culleredo quede sen o seu agasallo estas Festas.
Ata o 7 de xaneiro, na Explanada do Paseo Marítimo do Burgo estará instalado o Winter Park, con atraccións para as máis pequenas e pequenos, así como o circo de Rody Aragón. Entradas dispoñibles en Ataquilla.
Descarga a programación no arquivo .pdf adxunto nesta nova.
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
programacion_de_nadal_20232024_do_concello_de_culleredo.pdf | 1.22 MB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER