As rúas de Culleredo albergarán un Desfile de Reis con percorridos pola mañá no rural e pola tarde na contorna urbana

A chegada dos Reis Magos producirase ao grande en Culleredo. O Concello organiza a Cabalgata do día 5 cun percorrido pola mañá na zona rural e outro pola tarde na zona urbana, ademais das visitas das súas Maxestades aos centros sociais.

No rural, desde as 11:00 horas, as súas Maxestades de Oriente percorrerán nas súas carruaxes os seguintes puntos: Almeiras, Liñares, Tarrío, Cillobre, Sésamo, Vinxeira Pequena, Celas, Peiro de Abaixo, Ledoño, Orro, Los Olivos, Vallesur, Augas Mansas, Manso Sol e Castro Laxe. Estímase que chegarán ao final do percorrido ás 13:30 horas.

Na contorna urbana, pola tarde, levarase a cabo o tradicional Desfile de Reis con varias carruaxes e figurantes. Sairá ás 16:45 horas da avenida Juan Carlos I do Burgo pasando por Ángel Senra, Juan Carlos I, avenida da Coruña, praza de Galicia, Ribados, Sanjurjo de Carricarte, Costa da Lonxa, a avenida de Vilaboa, A Corveira, O Portádego, As Brañas, Fonteculler e Acea de Ama, con final na praza de Europa do Burgo.

Haberá recepcións reais en dous puntos: no Pazo de Villa Melania (Vilaboa) e no final, na praza de Europa do Burgo. Nestes dous lugares desde hoxe instalaranse as Carpas de Nadal, que funcionarán todas as tardes ata o venres con xogos e animación.

Finalmente, Melchor, Gaspar e Baltasar tamén farán visitas polos centros sociais na tarde do venres 5. O plantexamento é o seguinte: comezarán ás 17:00 horas en O Noso Lar, onde haberá animación infantil, e seguirán por Orro (17:45), Ledoño (18:10), Sueiro (18:45), Sésamo (19:20), Castelo (20:00) e Celas (20:30) tamén con animación. En todos os recintos, os máis pequenos terán a oportunidade de coñecer e falar coas súas Maxestades.

 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina