A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 11 de decembro de 2023, acordou a aprobación inicial do Plan especial de reforma interior PERI UA-58 e UA-59 en Vilaboa, promovido por Aliseda, S.A.U
Sométese a información pública polo prazo de dous (2) meses, contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de máis ampla difusión da provincia, e na sede electrónica municipal e portal de transparencia municipal do Concello de Culleredo no enderezo: https://www.culleredo.es/es/transparencia, para os efectos de que durante o dito período poidan formularse alegacións e as suxestións pertinentes, de conformidade co establecido nos artigos 75.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 186.1 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o seu regulamento.
Durante este prazo poderase examinar o documento na Área de Urbanismo (na casa do concello, situada na rúa do Concello, número 12, Culleredo), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas
Tamén se pode descargar o proxecto no seguinte enlace:
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
Anuncio DOGA.pdf | 323.07 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER