Culleredo dá a benvida ao novo Xefe da Primeira Compañía da Comandancia da Garda Civil da Coruña, Santiago Pichel Arca

O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, e a tenente de alcalde e concelleira de Deportes e Participación Cidadá, Cristina Pardo, recibiron esta mañá a Santiago Pichel Arca, novo Xefe da Primeira compañía da Comandancia da Garda Civil da Coruña.

Ambos lle desexaron “toda a sorte nesta nova etapa”, tendendo a man desde o Concello a “unha estreita colaboración en todo o necesario coa Garda Civil e que redunde, por suposto, na seguridade e benestar das cidadás e cidadáns”.

Asistiron tamén o Capitán José Antonio Táboas Treviño, segundo Xefe da Primeira Compañía da Comandancia da Coruña e a Tenente Silvia Escobar Pin, Xefe Posto Principal de Culleredo. O alcalde entregoulle un detalle a Santiago Pichel Arca tras o seu recente nomeamento.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina