Culleredo prepárase para recibir o Entroido con dinamización para pequenas e maiores

O Concello de Culleredo prepárase para recibir o seu Entroido con dinamización para pequenos e maiores. Haberá festas os días 9 e 10 de febreiro, así como animación nos centros sociais municipais entre os días 10 e 13 de febreiro.

Así, o 9 de febreiro, de 18:00 a 20:00 horas, a explanada do Paseo Marítimo do Burgo acollerá o Entroido de Maiores coa actuación de Aixa Romay, baile e degustación dos pratos típicos deste tempo.

Haberá servizo de transporte ás 16:20 horas desde Tabeaio, Carral: ás 16:30 horas desde Vinxeira Grande, Vinxeira Pequena, Celas e Peiro; e ás 16:45 horas en Sésamo, O Casal e Sueiro. Ás 17:00 horas, sairá de Alvedro.

O segundo autocar sairá ás 16:30 horas de Boedo, Bregua e Ledoño: ás 16:50 horas de Orro; ás 17:00 horas de Tarrío e Liñares; ás 17:15 horas de Vilaboa, A Corveira, O Portádego e Fonteculler.

Regreso, ás 20:45 horas desde a explanada do Paseo Marítimo co mesmo percorrido en ambos os itinerarios pero, obviamente, en sentido contrario.

Con mesmo escenario, o 10 de febreiro será a Festa Infantil de Entroido, de 17:00 a 20:00 horas, onde as máis pequenas e pequenos poderán gozar de xogos populares, animación, obradoiros, photocall temático, algodón de azucre e chocolate con churros.

Os días 10, 11, 12 e 13 de febreiro, de 18:00 a 20:00 horas, os centros sociais municipais albergarán actividades de animación infantil. Rutis, Vilaboa, Ledoño, Sueiro, Celas, Castelo, Orro, Castro Laxe, Almeiras, Sésamo, O Noso Lar, Tarrío e Fonteculler, os puntos que estarán abertos.

Ademais, o 16 de febreiro de 2024, está previsto que actúe a París de Noia no Paseo Marítimo. Dará comezo pasadas as 22:30 horas da noite.

Entroido de Veiga

O luns 12 de febreiro, durante toda a mañá, Veiga celebrará un dos ‘Entroidos’ máis xenuínos de toda a comarca. Haberá concurso de choqueiros e a tan agardada lectura do Testamento.
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina