A Asociación Galega de Técnicos de Emerxencia, ASGATE, e o Concello de Culleredo realizaron hoxe unha formación en primeiros auxilios ao alumnado do colexio Vila de Rutis. En concreto participaron 150 estudantes de terceiro a sexto de Educación Primaria que recibiron nocións básicas de como actuar ante situacións cotiás de emerxencia.
A iniciativa foi impartida polo voluntariado da asociación, composto por técnicos de emerxencia que traballan a diario nas ambulancias. Desta forma puideron transmitir ao alumnado procedementos que empregan habitualmente.
Entre a materia impartida, destacan as técnicas de reanimación cardiopulmonar (RCP) e de actuación ante atragoamentos, a chamada manobra Heimlich. Tamén abordaron cuestións como a intervención ante queimaduras e hemorraxias.
O Concello de Culleredo traballa de forma habitual con ASGATE, que ten no municipio formacións en centros educativos, entidades sociais e asociacións para promover a adquisición de coñecementos en actuacións de emerxencia.
A concelleira de Educación e primeira tenente de alcalde, Cristina Pardo, acudiu ata o CEIP xunto ao presidente da asociación, Emilio Francos, e a directora do centro, Eladia Cabanas.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER