Culleredo prepárase para conmemorar o Día internacional da Muller con exposicións, encontros sociais, obradoiros e unha andaina

O Concello de Culleredo prepárase para a conmemoración do Día Internacional da Muller, o vindeiro venres 8 de marzo, con exposicións, obradoiros, encontros sociais, faladoiros en Radio Culleredo e unha andaina.

A primeira destas actividades será este xoves, 7 de marzo, coa inauguración da exposición de pintura da artista local Lucía Valeiras e co título “Pensar tamén era arte”. Será no Xardín Botánico, na aula de Natureza Juan Lembeye, ás 19:00 horas. Poderá visitarse os mércores, xoves e venres, de 18:00 a 21:00 horas, e os sábados de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas.

O propio 8M, que se conmemora o Día Internacional da Muller desde 1975, cando a Asemblea Xeral da Organización das Nacións Unidas declarouno así, Culleredo acollerá o encontro entre representantes das distintas asociacións locais que traballan con diversos colectivos, xunto a distintos membros do goberno municipal, e onde se debaterá sobre a realidade da muller actual nos distintos colectivos cunha perspectiva de xénero.

Participarán entidades como Alcer, Mestura, ANHIDA, Asociación Nacional de Presenza Xitana, TP Galicia, As Berenguelas e tamén traballadoras do CIM, o Centro de Información á Muller. Estará moderada por unha pedagoga e técnica municipal de servizos comunitarios. Dará comezo ás 12:00 horas, tamén na aula de Natureza Juan Lembeye do Xardín Botánico do Burgo. Será aberta ao público.

O mércores 20 de marzo levará a cabo un primeiro roteiro ‘consciente’ desde o parque biosaudable do Paseo Marítimo do Burgo ata o Xardín Botánico, con visita guiada á exposición de Lucía Valeiras. Durante a mesma, explorarase o noso patrimonio natural, arquitectónico e artístico.

Durante marzo e abril, Vilaboa e Fonteculler serán os escenarios elixidos para celebrar os talleres sobre identificación e xestión emocional, destinadas ás usuarias dos programas de dinamización do Concello de Culleredo.

Abril e maio son os meses escollidos para que a ONG Fundación Mujeres imparta os talleres dirixidos a mulleres coidadoras de persoas a cargo ou que precisen de autocuidado para unha mellora vital. No Pazo de Vila Melania de 10:00 a 12:00 horas en oito sesións.

Os meses de marzo e maio terán lugar talleres de dixitalización impartidos pola ONG Fundación Mujeres para adquirir competencias dixitais para a autonomía persoal. Serán na aula de informática do Centro Pintora María Cagiao de Vilaboa e no Centro Cívico Virginia Blanco de Fonteculler.

Por último, cada semana de marzo a partir do propio 8M, haberá faladoiros en Radio Culleredo con entrevistas a mulleres representantes de distintos sectores da nosa comunidade. Serán divulgadas nas redes sociais do Concello de Culleredo. Na 101.2 FM.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina