O Concello de Culleredo convoca unha praza de persoal temporal dun profesor/a nas especialidades de operacións básicas de restaurante e bar. Forma parte do Plan Formativo para o Emprego do 2024 que o Concello leva a cabo para persoas en situación de desemprego.
A provisión da praza será mediante un sistema selectivo de concurso oposición. Os módulos formativos que constan son: servizo básico de restaurante-bar; aprovisionamento, bebidas e comidas rápidas e o módulo de prácticas profesionais non laborables. En total, serán 290 horas.
As persoas que estean interesadas na praza de profesor/a deberán ter nacionalidade española ou outros estados nas condicións que establece o artigo 57 do RD Lexislativo 5/2015 do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.
Deberán acreditar, á súa vez, os requisitos que se especifican na convocatoria para cada un dos módulos formativos da especialidade. A estes requisitos hai excepcións, que se especifican tamén na convocatoria.
Para presentar as solicitudes, deberá facerse constar en instancia, que será facilitada nas dependencias municipais e na páxina web do Concello de Culleredo na que se manifeste que reúnen todos e cada un dos requisitos esixidos. Deberá presentarse unha instancia para cada unha das especialidades, indicando na mesma os módulos formativos aos que se opta.
Anexaranse, á súa vez, fotocopia do DNI ou acreditación do requisito de nacionalidade; fotocopia da documentación acreditativa do requisito de capacidade profesional, fotocopia de documentación acreditativa do requisito de capacidade docente, unha relación pormenorizada de méritos que se aleguen para avaliar na fase de concurso e memoria de actividade.
O prazo de presentacións será de cinco días hábiles desde o seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, que foi onte mércores 20 de marzo. Finalizará, por tanto, o mércores 27 de marzo.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER