Industria e Concello colaborarán na construcción dun recinto ferial descuberto para feiras monográficas e espectáculos.
Industria e Concello traballarán nun proxecto conxunto que permitirá a Culleredo contar cun recinto feiral ao aire libre. Así o anunciou a primeira tenente de alcalde, Raquel Jabares, tras manter, xunto co concelleiro nacionalista, Isidro Taibo, unha xuntanza co delegado provincial de Industria, José Luis Bacia Picos, para analizar e fixar unha liña de colaboración entre as dúas institucións que permita afrontar proxectos relacionados co comercio, a innovación, a industria e o turismo.
Entre os acordos que se alcanzaron durante a reunión, Raquel Jabares destacou a colaboración para desenvolver un recinto feiral, acondicionando un terreo que, para esta finalidade, porá a disposición da Xunta o propio Concello de Culleredo. O obxectivo é aproveitar o papel de Culleredo como un dos municipios de referencia na comarca, para celebrar nas instalacións tanto calquera tipo de espectáculo como feiras de carácter monográfico ao longo do ano.
Outro do temas nos que se vai establecer unha colaboración entre as dúas administración é na eliminación de postes de subministración eléctrica que en moitas zonas dificultan o paso de peóns facendo de importante barreira física.
A proposta foi ben recibida polo delegado polo que se definirán agora as actuacións necesarias para acometer a actuación.
Jabares explicou tamén que a Xunta, a través de Turismo, colaborará co Concello en temas relacionados co feirón que se celebra mensualmente en Acea de Ama, coa organización de diversas actividades complementarias que se están terminando de definir.
As melloras da rede eléctrica, especialmente na zona rural, foron outra das cuestións que se trataron na reunión, fixándose novas actuacións de colaboración durante o 2008 que complementan as que, por exemplo, se levana cabo agora na Esfarrapa. Elaborarase, neste sentido, unha serie de obras que se consideran prioritarias para mellorar a subministración.
Por último, a concelleira nacionalista anunciou que as dúas administracións colaborarán para mellorar os accesos aos polígonos industriais da Marisqueira e A Granxa a través dun plan plurianual para os anos 2008 e 2009.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER