Dende o Servizo de Dinamización, Formación e Emprego da Área de Dinamización Social do Concello de Culleredo, tense previsto impartir ao longo do mes de maio deste ano unha serie de accións formativas, relacionadas co ámbito sociosanitario e dirixidas preferentemente aos/ás veciños/as de Culleredo que preferentemente se atopen en situación de desemprego e inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia e que posúan formación ou experiencia relacionada coas actividades a impartir.
Con esta formación preténdese capacitar ás persoas para o desempeño cualificado das profesións e o acceso ao emprego, favorecer a formación das persoas traballadoras mellorando a súa capacitación profesional e desenvolvemento persoal, contribuír á mellora da productividade e competitividade das empresas, proporcionar aos traballadores os coñecementos axeitados ás competencias profesionais requiridas no mercado de traballo e ás necesidades das empresas e mellorar a empregabilidade e a recualificación dos traballadores, especialmente dos que teñen dificultades de mantemento do emprego ou de inserción laboral.
A preinscrición realizarase do 15 ao 19 de abril de 2024 por rigorosa orde de preinscrición, a través dun formulario que poderás atopar nesta mesma web.
Consulta no arquivo adxunto toda a información respecto á actividade formativa en “Nocións elementais sobre a prevención e abordaxe das lesións cutáneas asociadas á humidade”. En total, ofertaranse 10 prazas e serán 20 horas de formación, que se celebrararán no Centro Municipal de Formación e Emprego 'Pablo Picasso' de Culleredo.
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
cartel_lesions_cutaneas.pdf | 86.42 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER