O Concello de Culleredo abre mañá, venres 19 de abril, o prazo para participar na Feira de Artesanía do próximo 17 de maio, actividade coa que se conmemora no municipio o Día das Letras Galegas.
Será en Praza Europa. Para as persoas interesadas, a Administración puxo ao dispor un formulario web ao que poden acceder como ben se indica na web e redes sociais municipais. Estará aberto ata o 3 de maio 14:00 horas.
Se se desexa ampliar información, está dispoñible o correo feira.artesania@culleredo.es e o teléfono 981 66 55 97. O evento celebrarase, como ben diciamos con anterioridade, o 17 de maio, en horario de 11:00 a 20:00 horas.
Poderán concorrer todas as persoas interesadas que teñan unha produción exclusivamente artesanal e de elaboración propia. Enténdese por artesanal toda aquela produción na que a contribución manual sexa o principal compoñente do produto final, sexan cales sexan as ferramentas empregadas no proceso.
Ata 40 espazos son os ofrecidos para colocar os postos artesáns. O número pode variar en función da propia loxística do evento e do número de solicitudes que se presenten. De non acadarse un número mínimo de participantes, a celebración do evento pode ser suspendida.
Podes consultar a lista de admitidos/as no arquivo adxunto nesta nova.
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
condicions_de_participacion.pdf | 186.87 KB | |
lista_de_admitidos.pdf | 196.12 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER